ZUTABE DE CANGAS: Boletín Interno de Cangas do Morrazo

“Quien es ese hombreeeeeee…???”

Posted in CANGAS by O Zutabe on Agosto 8, 2007

canabal.jpg

abalo.jpgv16c12f1.jpgzauuirzacr.jpg


Como sempre nesta vila a polémica está servida. Neste caso, tocoulle á decisión de Mariano Abalo verbo de querer contratar a Eduardo Canabal para rexenta-lo posto de asesor de urbanismo, neste Concello que nos toca sufrir. Polémica incomprensible, por outro lado, de atendermos ó pasado deste proxectista ó que non se lle coñece vencello algún co portavoz nacional da FPG e concelleiro de ACE. E ó que só se lle pode acusar de botar abaixo o Plan Xeral de Vigo aló por 1993 ó atopar irregularidades graves naquel proxecto.

Chegou a sufrir, como el mesmo ten indicado, unha auténtica “caza de bruxas” e mesmo con ameazas en canto denunciou as aberracións que se querían levar adiante nunha das cidades máis importantes de Galicia.

Sabendo da profesionalidade de Canabal, Abalo, trasladoulle a súa preocupación polo urbanismo en Cangas e fíxolle constar que cómpre facelo totalmente legal e transparente cumprindo estrictamente co ordenamento xurídico para rematar coa desfeita na que estamos sumidos, non sera isto o que lles molesta ós detractores de Canabal?. Abalo, dende un primeiro momento, quería contar coa labor do asesor en cuestión para fiscalizar unha serie de temas pendentes e sen perxudicar ós técnicos municipais. Tamén, entendeu, que é mester asesorar ós veciños que teñan problemas con actuacións urbanísticas e coas licenzas.

Mais as presións políticas chegaron, desta volta, tamén a Cangas co asunto “Canabal” que non fan outra cousa que poñer ó descuberto escuras intencións no seo das agrupacións socias de ACE no tripartito, que xuntos, pero non revoltos… Pronunciouse ben clariño a directiva provincial do PSOE na prensa tildando de que perigaba o acordo de goberno do tripartito de seguir adiante a contratación de Canabal. (xa dá máis polo cu cá fichaxe do Schuster).

Preguntámonos que é o que leva ás directivas do PSOE e BNG a veta-la contratación deste urbanista aférrimo da legalidade. É, nestes casos, cando non queda outra que cuestiona-la actitude de “sociatas” e “bloqueiros”, cando menos, perante ó tema do urbanismo. Lembrémo-las primeiras declaracións destes dous socios do tripartito tralos comicios municipais do 27 de maio onde, abertamente e diante dos medios de comunicación, rehusaban posicionarse en contra do proxecto deseñado por Norman Foster para a área de Massó incluíndo o porto deportivo, e dicindo que non rexeitaban ubicalo noutro lugar. Recordémo-la nula participación destas dúas formacións na loita contra a construción do porto deportivo de Massó. Tampouco debemos esquecer, fagamos historia, os votos en pleno (con ostias incluídas) dos tres concelleiros do PSOE dando o seu visto e prace ó Plan Xeral que quería Sotelo o 30 de xullo de 2004, e que logo o pobo botou abaixo enchendo as rúas de Cangas nas famosas manifestacións contra o vello PXOM. Tamén cómpre preguntarse polas xestións, se é que levou adiante algunha, do BNG (que ben que figuraban como integrantes do Foro Social, pero por Massó non foron nin a pasear, coma moitas outras agrupacións, todo sexa dito…) sobre todo, se temos en conta que é forza de goberno na Xunta. A día de hoxe podemos ver, ás claras, que non fixo vale-lo seu peso no poder autonómico.

Estas formacións, cando menos, e para non quedar en evidencia poderían presentar probas que corroborasen a súa desconfianza cara Eduardo Canabal. Pero temémonos que esas non chegarán…, e xa veremos a qué friki propoñen eles…

6 Respostas

Subscribe to comments with RSS.

  1. martinho said, on Agosto 8, 2007 at 12:32 am

    ACE propuxo o que segundo eles (e para min) é máis convinte en canto urbanismo e tendo en conta que eles rexentan urbanismo non sei que carallo protestan os do PSOE e BNG

  2. Anónimo said, on Agosto 8, 2007 at 12:42 am

    É o que ten a tricefalia hehehe que malo son.
    A cousa é que non sei por que razón teñen que aprobalo os tres grupos de goberno cangueiros………

  3. Anónimo said, on Agosto 8, 2007 at 1:04 am

    non sei que opinará de todo isto o todavía alcalde web en funcións http://www.concellocangas.com/index.php?id=1873 jajajajajaja

  4. xankas said, on Agosto 8, 2007 at 10:24 am

    pero ese segue aí¿? non se quere ir nen da web xd

  5. io said, on Setembro 6, 2007 at 1:15 am

    Una manera muy sesgada de dar la información. Los acuerdos del tripartito obligan a los tres partidos, o coaliciones, firmantes. El sr. Abalo cometió el desliz de comentar con quien no debía la posibilidad de contratar al Sr. Canabal sin antes tener el placet obligado de sus socios de gobierno. Es posible que algunos ilusos piensen que ACE, o cualquiera de los otros, BNG o PSdeG, pueden tomar decisiones a espaldas del resto de los socios de gobierno. Están muy equivocados y el ejemplo lo tenemos ahí.

    Por suerte, y de momento, no se ha permitido que ningún zorro se haga con el control del gallinero que es el urbanismo cangués. Máxima transparencia y consenso es lo que prometió el tripartito y es lo que debe cumplir.

  6. Zutabe said, on Setembro 6, 2007 at 4:01 pm

    Caro compañeiro, a información non é sesgada. É a que hai. Aquí o que se está a valorar é que se optou por un proxectista que está limpo para o posto e que os socios de goberno de ACE e as súas directivas non o aceptaron por motivos X que eles deberían explicar para que a veciñanza que quere, precisamente, un urbanismo transparente, non teña dúbidas coas verdadeiras intencións do PSOE e do BNG. Dá o mesmo que transcendera esa información que ti dis de xeito consciente ou non, o que se está a valorar é a conveniencia dun urbanismo que se axuste á nosa vila e ós seus veciños e non a determinados intereses. Nin dos que estaban antes nin dos que están agora. Unha aperta e grazas por nos visitar.


Deixa un comentario