Clara Millán, el pasado siempre vuelve…

No 2004
Nese ano Clara Millán aseguraba que non se opoñía ó porto deportivo, pero sí a que se constrúise nunha zona de gran riqueza pesqueira e marisqueira. Criticaba o «uso perverso» do termo progreso e compartía a preocupación dos mariñeiros. * Por iso, a día de hoxe, só o Foro e a Confraría tomaron medidas legais ó respecto.
O Bng cangueiro, seica non ía aprobar convenios á marxe do PXOM * Tal cousa vén recollida no pacto de goberno do tripartito. Así e todo, polo modus inoperandi de BNG e PSOE, é obvio que dalgunha forma seguen vixentes e Cangas segue a estar hipotecada.
Clara Millán, afirmaba tamén que o goberno cangueiro do PP tiña un único obxectivo: aproba-los convenios de Massó e Aldán. Non lles «importaba en absoluto», aseguraba a edil, o resto del territorio a ordenar. * A eles si que lles importa si, sobre todo con operacións tan racionais como a Unidade de Actuación Número 5. Na devandita actuación, malia os votos en contra de ACE, non lles importou, se fixese falta, que algún veciño quedase sen vivenda ou a expensas dalgún garaxe para acubillarse.
O Concello tratou daquela a moción do concelleiro Mariano Abalo pedindo a paralización das obras. O alcalde cangueiro alegara que o Concello non tiña potestade sobre as actuacións que se realizan no mar, pero sí sobre as edificaciones en terra. * A portavoz do BNG, Clara Millán, entendía que o goberno cangueiro ten que actuar. O contrario significaría, constatar unha dobre linguaxe por parte do alcalde. E agora… mira quen baila!
No 2005
No 2005 pola súa banda, o BNG pide a Sotelo que lle «deixe claro» á promotora que nos terreos de Massó non se pode facer nada do proxectado xa que o PXOM está paralziado. «O chan do que se fala é, na actualidade, chan industrial», recorda Clara Millán. * Quizais agora habería que recordarlle a Clarita que a urbanización de Foster nin o porto deportivo non teñen nada que ver con este tipo de usos…
Algúns pediron explicacións ó BNG por non se sumar ás concentracións diarias para paraliza-lo porto deportivo. Clara Millán deixou claro que o Bloque decidira non seguir esta forma de protesta aínda que é contrario á ubicación do porto. Anunciou que a conselleira de Pesca explicaría no Parlamento a súa postura respecto a este asunto en resposta a unha pregunta do BNG.* Dende logo foi o único que fixeron, porque o que é facer vale-lo seu peso de goberno… nanai. Iso si, o señor Quintana na campaña para as nacionais do 2005 veu a encherse a boca ó auditorio dicindo que de chegaren a formar parte de goberno da Xunta o proxecto de Marina Atlántica e Caixanova non se efectuaría. Quin!!! Onde andas…???
O Bloque adianta xa unha condición para falar do convenio de Massó: o traslado da nave de Frigoríficos. Clara Millán di que recalificar O Salgueirón de industrial a residencial é incompatible con manter esta actividade na zona. * Moi bien, moi bien, moi bien… e agora, non é incompatible ou?
No 2006
O BNG, a través de Clara Millán, atopa o proxecto de Foster “interesante a nivel arquitectónico”. * Aquí, amais de amosarse abertamente a prol da marbellización de Massó, denota que o “horterismo” abrangue tódolos niveis da súa vida. En definitiva, o que é “hortera” écho pra todo. Iso si, cando os veciños amosaron a súa disconformidade co proxecto, ela, dun día pra outro, converteuse no baluarte virtual anti-Marina Atlántica. Pero claro, as municipais estaban preto…
Amais dos membros de colectivos sociais, na protesta tamén se fixeron notar algúns representantes políticos, sobre todo do BNG e a FPG. Así, na longa ringleira humana atopábanse os voceiros de ámbolos dous grupos municipais, Clara Millán e Mariano Abalo, así como edís da primera formación. (máis dun millar de persoas en contra del porto) *
O BNG lembra que a proposta deriva dun convenio urbanístico que quedou anulado coa suspensión do Plan Xeral, e que o prego de bases para o novo documento advirte que calquera proposta deste tipo debe formularse trala presentación do avance. “Antes desa fase non lle darémo-lo visto e prace”, advirte a voceira, Clara Millán. * Si, e agora, no 2008, se por ela fose, as obras de Massó irían para adiante antes de que Urbanismo presente a debate o avance no Consello Sectorial.
Neste periodo, a voceira do BNG, Clara Millán, tamén recoñece que o vicepresidente da Xunta, o tamén nacionalista Anxo Quintana, foi informado por Ubaldino Rodríguez das súas intencións en Massó, aínda que non comprometeu o seu apoio ó proxecto (pero tampouco llo denegou como dixera no auditorio que ía facer), “como sí fixo Fraga” dixo ela. “Quintana sempre dixo que o PXOM de Cangas será o que los veciños queramos que sexa, e o futuro do Salgueirón será o que queira o Concello” * Boa frase, pero iso dependerá de que o Concello funcione como unha axencia inmobiliaria ou como a casa do pobo.
Clara Millán, e por ende o seu grupo político, estimaba incompatibles o uso náutico-deportivo e industrial-comercial en Massó, e solicitaba, moi digna, a desafección como zona de servizo portuario dos terreos de Punta Balea, onde se localiza, segundo ela mesma, un “espazo natural de alto valor ecolóxico”. Amais, clamaba toda chea, que se garantise o acceso público na totalidade dos terreos, e que se definise a ocupación da lámina de agua e se incorporasen tódolos informes de sostentibilidade e impacto ambiental que esixe a lei para estes casos. *
O BNG e o PSOE entenden que o plan de Marina Atlántica debe ser parte do Plan Xeral. «Cangas é un todo, non son partes», afirma Clara Millán. Clara Millán calificou a proposta de interesante. Advirte, nembargantes, que para falar da recalificación de Massó hai que negociar contrapartidas. * Fan falta máis datos para ver a que xoga esta xente?
No 2007
Xa no mitin que deu no auditorio perante as eleccións do 27 de maio (o7), * a candidata do BNG á alcaldía, Clara Millán, animou á xente de Cangas a sumarse ó proxecto nacionalista “para desterra-las políticas urbanísticas basadas na especulación”. Debe ser por iso que agora se boicotea a tarefa de Urbanismo no tripartito e se poñen trabas á adquisición de subvencións.
Para tranquilidade dos veciños, Quintana recalcou que cun goberno do Bloque acabaríanse as especulacións urbanísticas e faríase un PXOM «con honradez». *
Neste sentido, Clara Millán lembrou que as medidas de protección do litoral adoptadas polo goberno municipal do PP na lexislatura 1995/99, era “unha normativa que perseguía a destrución no noso territorio que provocaran actuacións do PP, na persoa de Xosé Cuiña, retirándolle as competencias urbanísticas ó concello”.
Por último, a candidata do BNG comprometeuse a impulsar a vivenda protexida e o solo industrial de xeito ordenado; a compatibilizar o turismo co mantemento da identidade de Cangas e a mellorar a situación das parroquias do concello, “que non só son unha reserva de terreos, senón lugares onde vive xente”. Quizais habería que poñer novamente en exposición na Capela do Hospital o proxecto Foster para que a alcaldesa se decatase de que este contempla chalés de luxo.
No 2008
A alcaldesa de Cangas, Clara Millán, entra de cheo na rolda de conversacións que os promotores do proxecto Massó manteñen cos dirixentes políticos do municipio. A rexedora mantivo onte un encontro con Ubaldino Rodríguez, xerente do grupo Atlántico e un dos promotores, no Club Financiero de Vigo. A rexedora local nin desmentiu nin confirmou o encontro, simplemente se limitou a manifestar que non había ningunha noticia que comentar ó respecto. Tampouco facían falla eses comentarios. Agora se ve.
“Se hai acordo en Massó, haberá porto deportivo e urbanización”, soltaba a nosa protagonista na Voz. ¡Ahí, con dos cojones!
O BNG considera positivo que se fixe un calendario de negociacións das que debe saír un acordo, pero considera a proposta que defende Abalo como “unha máis”, e non a que representa o sentir do goberno. A que debe representa-lo sentir do goberno deben se-las coincidentes coas vontades e designios que para con Massó ten Caixanova… É de supoñer, como Clara non intercede na paralización das obras como fixo o rexedor moañés con Ayster nunha obra de competencia da Autoridade Portuaria. E aínda hai faciana para iso é moito máis cando a señora abadesa saca un informe elaborado en media tarde para tratar de xustificar a súa non intervención. Por esta causa xa está procesada por omisión, por certo, xunto coa secretaria.


Abril 25, 2008 at 8:38 am
[...] Visitade este instructivo traballo de hemeroteca [...]
Abril 25, 2008 at 9:32 am
e que pasa agora coa xente que lle deu o apoio electoral porque creía a formación de clara millán responsable en materia urbanística e de medio ambiente?
Abril 28, 2008 at 12:54 pm
O artigo xornalísticamente falando está documentado pero carece de rigor textual. Moitas das argumentacións que se esgrimen, por non dicir todas, baséanse en suposicións.
Polo que deduce, un lector imparcial, é que só os prexuizos do autor, sosteñen unha intrega baseada nunha das múltiples teorías da conspiración. Ao mesmo tempo, se trata de salvar ao Concelleiro de urbanismo dunha suposta trama de traidores que o arrodean.
Abril 28, 2008 at 1:00 pm
Se Mariano Abalo non está de acordo, que dimita como concelleiro de urbanismo.
Abril 28, 2008 at 2:56 pm
Canelo y Roi, no es por nada pero estaba leyendo vuestros comentarios y cúan grande fué mi sorpresa cuando me di cuenta de que éstos sólo están separados por un intervalo de 6 minutos como se puede comprobar al lado de la fecha que está al lado de vuestros nicks (¿casualidad?). así que inténtalo de nuevo más tarde con otro nombre que puede ser que cuele.
por otro lado supongo que el webmaster no tendrá ningún inconveniente en aceptar las críticas que aportas (de lo contrario que intervenga) aunque yo las considere infundadas dado que a poco que se siga la política local la tendencia servil y claudicante del BNG está en este artículo plasmada de alguna forma. Es normal que aporte proposiciones poco serias por que también hacen uso de la coña (y yo las entiendo como tal, si quieres un tono más solemne cómprate el Faro que seguro que estás máis de acuerdo) pero los hechos a los que se refiere… a la vista están.
Tienes que admitir que a día de hoy es inverosímil que Clara Millán salga en prensa diciendo que está en contra del puerto deportivo y que va a tomar medidas al respecto como máxima representante de este nuestro pueblo. ¿Quién ha de dimitir entonces?
Estamos rabiosos de que metireran el artículo en la página de Galicia no se vende, ya veo, ya. Hace pupita.
Abril 28, 2008 at 6:23 pm
Non sei se o sabedes pero estades na páxina do Foro e na de Galiza Non Se Vende, e tamén en Vieiros. Noraboa polo artigo. A seguir así.
Abril 28, 2008 at 8:04 pm
1º/ Nada teño que engadir da coincidencia que para un “tal Ramonet”, polo visto, outro elemento da teoría da conspiración, que obran os fantasmas que xiran en torno a súa escasa capacidade craneal.
2º/ Reitero a apreciación que teño do discurso: moi subxetivo e cheo de prexuizos do autor do artigo, que quizás sexa o “webmaster” ou quen queira que sexa, que non me importa, nin ven ao caso. De todas maneiras, se teño ou non razón, o tempo dirá. Vexamos o que pasa co PXOU e como se comporta cada quen perante os “feitos” e non das “impresións”.
3º/ Que o metera “Galicia non se vende” (simpatizo todo sexa de paso con este movemento; estiven o 27 de xaneiro en Compostela, non sei ti) ou “María Santísima” na súa páxina non lle da nin un ápice de credibilidade a calquer feito. Con tanto xudre mediático, eu só creo no que vexo e toco e este fin de semana andiven polo Ulla a quitar chapapote (non sei ti, seguramente algunha cousa importante). Cando “vexa e toque” todas as miserias que anuncias xa tomarei as miñas decisións. Mentres tanto deixa de axitar o espantallo.
4º/ Non me gusta o ton que adoptas “tal Ramonet”, alertando ao “webmaster” porque hai un foreiro que segundo ti, critica o seu artigo. Iso está moi feo, porque sospeito que pretendes un “baneo”. Ata es cobarde utilizando o pseudónimo. ES UN CHIVATO.
Abril 28, 2008 at 8:16 pm
A ver Canelo, o artigo xornalísticamente falando??? carece de rigor textual???.
Hai que diferenciar, supoño que xa o saberás, entre artigo “xornalístico” e artigo de opinión. Do que non hai dúbida é de que o traballo é excelente, é un traballo de hemeroteca que te leva as fontes de forma directa. O que a alcaldesa dixo ao longo do tempo reflexa moi ben a súa evolución sobre o tema e iso non é manipulable. As opinións de Zutabe no SEU artigo de opinión colgado no SEU blog non impiden ver as contradicións de Clara con respecto a Massó, nin a súa postura segundo sopre o vento. Eles limítanse a adornalas coa súa habitual ironía.
Saúdos e parabéns polo traballo.
Abril 28, 2008 at 9:25 pm
hai xa algún tempo q non vivo en cangas, pero procuro seguir un pouco a evolución do tema, pq me interesa
e o artigo parecéume moi bo, e moi ben documentado por certo
opino como canela en rama: poderás dicir q non che molan os argumentos, peeeeeeeeero, o q pasou, pasou
creo q a tal hora todos temos claro q se non estivese abalo aí, xa estaba o conto máis feirado q outra cousa