BNG, PSOE, e a dubidosa UA Nº 5…

Así é. A controvertida unidade de actuación ó estilo Marbella, foi aprobada este venres na xunta de goberno local grazas á abstención claudicante do BNG, ou con consentimento tácito, máis ben. ¿Onde se mirou que a alcaldesa e o seu grupo non se molle nunha actuación deste tipo? Incrible!
Hai que lembrar que ata hai poucos días a opción do BNG era plenamente favorable a esta actuación, máis agora abstéñense e así non se enmerdan de forma directa, por non variar. Os informes desfavorables achegados por Urbanismo non foron suficientes para que o bloque nacionalista se posicionase radicalmente en contra como cómpre en casos nos que se cometen ilegalidades, como o que está arestora enrriba da mesa. Agora a alcaldesa e os seus concellerios saen co da abstención para xustificar que “non estan de acordo” pero sabendo que ACE (que se posiciona en contra) queda en minoría. É esta unha estratexia á que xa nos ten acostumado o grupo de Clara Millán. É o xogo das ambigüidades. O parece que fago pero non fago, e mentres non fago vanse coando as aberracións e as ilegalidades. Para exemplo temos o de Massó, que a día de hoxe, tres anos despois, aínda non sabemos (de modo oficial claro) se o BNG está a prol da urbanización e porto deportivo de Marina Atlántica ou non.
No que atinxe a esta UA número 5 o BNG xustifica a devandita abstención atendendo a unha suposta cuestión de coherencia. Xustifican o asunto argumentando que existen dous informes contraditorios e non son quen de se posicionar claramente a favor dos intereses públicos, permitindo así, dende a alcaldía e o goberno local dun xeito vil e cobarde, por outro lado, que as actuacións fraudulentas e ilegais campen ó seu antollo nun municipio cun goberno que se supón de esquerdas.
Acoso inmobiliario na UA Nº5?
Polo que nos comentan, as irregularidades nesta actuación van máis alá da suposta ilegalidade meramente urbanística para atinxir ás indemnizacións das expropiacións. Puidemos saber que, polo que parece, a promotora traballou arreo para non pagar a unha das familias expropiadas, a única que queda. A cuestión é que, polo que nos fai saber a familia; esta señora, maior, enferma de alzheimer e de escasa formación, foi acosada en reiteradas ocasións e enganada para que asinase, nembargantes non recibiu retribución algunha pola súa propiedade (todas estas manobras feitas ás costas da filla desta muller que era a única que se podía manexar un pouco mellor nestas tesituras).
Todo isto sería, á vista dos feitos, coa conivencia de certos socios do goberno local que agora non queren pór bo remedio a esta trama indignante e absolutamente amoral. A inhumanidade dos magnates do ladrillo e dos seus esbirros nas institucións chega ó punto de deixar ós afectados sen vivenda e cunha man diante e outra detrás. Ó parecer o promotor alega que si, que lle pagou a esta muller, enferma de alzheimer, recordemos, malia que non presenta documentos que así o avalen, tal como conta a familia, cando se supón que pra estas cousas como mínimo fai falla un notario, non?, e algún documento haberá sobre tal trasacción, se é legal e se chegou a realizar…
Na vivenda en cuestión vive a filla desta muller cos seus dous nenos, sen a capacidade económica de poderse facer cargo dun aluguer ou hipoteca noutra casa. O construtor, segundo nos indican, ofreceulles un garaxe, que obviamente rexeitaron, e aseverou que “el non era unha hermanita da caridade”, cando a algún dos veciños por un terreo similar ofreceulles ata dous apartamentos, pero polo que semella, mirou que aquí non había demasiada oposición. ¿Pero non van facer 300 vivendas, non lle sobra ningunha que é mellor deixar unha familia na rúa? A filla da propietaria, e residente na devandita casa, polo que asegura, pediu audiencia coa alcaldesa para explicarlle a situación, mais esta negouse a recibila.
Noutra ocasión a señora Millán, e tal como din os afectados, chegou a chamerlle “ocupa” a esta muller, nun caso no que, sendo todo isto tal e como se nos afirma, sería un roubo en toda regra por parte do promotor, coa conivencia do Concello. Polo de agora, todo isto está en mans da xustiza, e loxicamente, a familia non ten pensado abandoa-la súa vivenda ata que un xuíz así llo demande e, sempre, tras recibi-la compensación que lles pertence por ter que deixa-lo seu fogar. Carallo con don Héctor e dona Clara, así como cos amantes do crecemento da vila…
Por outra parte, tal como sinala unha persoa que asina co nome de Bandoleiro en Delmorrazo, Héctor Otero e o devandito construtor son amiguiños, non sabemos se isto é certo, mais todo ben mentres iso non se traduza en beneficios nin favores…
Mais as cousas non han ficar así, ACE xa anunciu que en asamblea, decidirá accións a tomar fronte ó actual estado de cousas. De momento, Abalo xa anunciou que se han tomar medidas legais pola súa banda.
Non teño tanto coñecemento coma vós da noticia que transmitides, mais quixera facer algunha achega. Coincido convosco en que a sensación que me transmite o tripartito cangués no tema do urbanismo é o seguinte: connivencia do PSOE cos construtores, unha medida ambigüidade do BNG e a loable (na miña opinión) postura de ACE de oposición ao marbellización de Cangas.
O BNG cangués debera ter coidado nas vindeiras municipais, pois pode aumentar representación ACE á súa custa. Tome nota, Clara.
Boas!. Está claro que hai de todo en todos lados, pero a Clara Millán hai que darlle de comer a parte. Respecto a Héctor Otero, polo menos era o que cabía esperar. Isto xa o comentei en Delmorrazo, mais creo que non o abordamos aquí e é que, o verdadeiramente ridículo, é empregar o pretexto de que como existen dous informes contraditorios, un realizado pola concellería de Urbanismo e outro polo arquitecto, mellor absterse. Pero que cara lle botan, meu Deus! Cando aí atrás cualificaba de simples “notas” sen a maior trascendencia os aportes de Abalo, tal como se pode ver aquí. Quen da máis?
PD: Ollo ó titular do Faro… os propietarios? Non sería mellor dicir, os promotores? Canta mala baba…
Son cobardes, mediocres e pretenden camuflarse tras unha boa capa de maquillaxe e aguaplás. é esperpéntica coma que fora disfrazada todo o tempo non? Esta tía da moi mal rollo, é mala falsa, ruín é moi chunga, ten moita rabia e ambición.
Xa non lles cola o esconde-la man, terán que posicionarse e a estas alturas ir de guais non lles pega. Esa abstención tan rastrera xa lles restou votos, seguro.
O de héctor, cada día máis patético. Canto máis protagonismo quere ter máis a caga. é a marioneta perfecta.
Parabéns e total apoio a ACE, a rolda de prensa coma auga de maio. Uns restan e outros suman. Saúde.
Nada que dicir nin que engadir porque estamos de acordo contigo. Saúde para ti tamén.