Por fin. BNG e PSOE sacan a careta respecto a Massó
Antes de entrarmos en materia, unha aclaración para quen confunda conceptos:
Ilegal:
adx. Que non é conforme á lei. O documento do contrato foi rexeitado por ilegal.
ANT. legal.
CF. ilexítimo, ilícito.

Hoxe xa sabemos quen loita por defende-la legalidade e quen parece que lle vai algo no tema… A señora alcaldesa do BNG de Cangas do Morrazo e máis o seu socio do PSOE Héctor Otero comunican nun xornal que rexeitan paraliza-las obras de Massó. É interesante segui-la evolución da súa opinión respecto ó tema. O máis curioso é que os convenios de Massó e Aldán ,e o respectivo PXOM e porto deportivo, foron os que lle deron a alcaldía ou, mellor dito, os que fixeron que o pobo botase a Enrique Sotelo (PP). Máis curioso é aínda, o feito de que o BNG de Cangas sexa un dos colectivos adheridos ó Foro Social dende a súa creación en 2004. Entende alguén isto???, estamos ante unha “Clara” utilización política dun problema ben serio, todo por un puñado de votos e logo “donde dige digo, digo Diego”. Non penso que sexa culpa de todo o BNG nin dos seus votantes, pero sí sinalo claramente a esta impresentable.
Esta señora, que antes ía nas manifestacións e utilizaba o problema para facer campaña electoral é a que agora se encarga de darlle luz verde á empresa. Vergoña lle tiña que dar traizonar así ó electorado. Fala de facer cumpli-la legalidade, pois que atenda ó seguinte :
Por que Massó é ilegal?
Porque a Autoridade Portuaria debe ser dona dos terreos tanto no mar como en terra para poder outorgar unha concesión administrativa a calquera empresa.
Este non é o caso de Massó xa que no mar os terreos pertencen á confraría de Cangas que ten a autorización para marisqueo e explotación da zona de forma lexítima. Lembremos que aquí faenan 300 barcos de Cangas e Meira ó longo do ano e que o ano pasado nesta zona sacouse máis dunha tonelada e media de ameixa rubia ó día, sen contar co ourizo, a nécora, a centola, o camarón ou a alga, e que se está a facer un estudo para traballa-la navalla nesa zona. Trátase tamén dunha importante zona de cría. Por esta razón a confraría mantén un contencioso que aínda non foi resolto dende fai xa catro anos. Segundo a lei só se lles podería expropiar a sua autorización no caso de que a obra teña un demostrado interese público (que nin se demostrou nin se iniciaron os trámites de expropiación). É de interese público un porto deportivo?????
En terra tampouco son propietarios dos terreos da antiga conserveira xa que están nun terreo público inscrito no rexistro da propiedade como se fose unha finca privada. Para máis inri, ningún dos usos que se lle quere dar é valido pois a zona da que se fala é chan industrial. Só hai concesión para fábrica de conservas e ata onde eu sei, un centro comercial non elabora mexillóns en escabeche, ou si?
Hai moito máis pero o que se reseña paréceme fundamental. Podedes consultar todo ó respecto neste artigo do Foro Social de Cangas.
Ademais, por se non lles chegase todo o anterior non se “cortan” e axéncianse máis terreo público nos trazados, velaquí o que vos digo:
RESPOSTA DE COSTAS
Atendede a iso de “supuesta propiedad”, ou é teu ou non o é. Como dirían os famosos Epi e Blas, “arriba-abaixo, público-privado”, non é tan difícil non? Amais por suposto do impacto ambiental nunha zona de alto valor ecolóxico e de que Massó estea incluida no Plan de Patrimonio Industrial do Ministerio de Cultura español, que é algo que non sabe tanta xente.

Grazas por matizar porque non todos somos así no BNG.
Pois se non sodes todos así que se vos mire por Massó tamén,grazas por permitíresme esta matización.
que foto máis repulsiva uff…..dalles candela padiante!
Eu realmente penso que o próximo alcalde será Mariano, a estas alturas xa está todo o peixe vendido e non hai dios que lle salve o cu a este esperpento de jicha.
E nene es tonto e a Sotelo venlle unha enriba de carallo.