ZUTABE DE CANGAS: Boletín Interno de Cangas do Morrazo

O Rainbow Warrior ven a Massó para unirse á loita dos veciños!!

Posted in CANGAS, MASSÓ by O Zutabe on Maio 28, 2009

O Rainbow Warrior en Massó

Hoxe xoves 28 a partir das 18:00, o Rainbow Warrior (o buque de Greenpeace) chega a Punta Balea xunto con embarcacións de baixura de toda a Ría para sumarse ós veciños na loita contra o porto deportivo de Massó. Logo ás 20h , haberá na Alameda Vella de Cangas unha asemblea veciñal para informar e valorar a situación que se está dando no entorno da que fora a conserveira máis grande de Europa. É moi importante contar coa asistencia maioritaria das persoas para entre todos tomar decisións na loita contra a especulación e a ilegalidade no Salgueirón.

Querése chamar ó pobo de Cangas do Morrazo a mobilizarse e a participar nos actos na defensa dos intereses populares. Non cederemos ante as chantaxes das empresas privadas nin ós intereses económicos de ninguén.

PD: Ó parecer estanlle a poñer trabas ó Rainbow Warrior para que veña a Cangas, só lle dan permiso para Vigo. Aínda así eles virán a Massó e darán unha rolda de prensa.

Actualizado:

A nova en Vieiros (o día seguinte)

Deixa un comentario