ZUTABE DE CANGAS: Boletín Interno de Cangas do Morrazo

20 aniversario da “movida”. A historia que deu fama de guerreira a Cangas.

Posted in CANGAS by O Zutabe on Xuño 1, 2009

O 1 de xuño de 1989 as “forzas da orde” disolveron a turba na que se convertera a localidade e irrumpiron na igrexa a berros e con pelotas de goma. A insurrección popular rematou coa “dictadura” de Lois Pena e inaugurou a primeira xestora da democracia, pero tamén nos deu a sona de vila guerreira pola que todos nos coñecen hoxe (video). Vinte anos despois, a xornalista cangueira Lara Graña tira de hemeroteca e elabora un moi bo artigo cheo de imaxes para a lembranza. Velaquí volo deixamos:

2 Respostas

Subscribe to comments with RSS.

  1. Lara Graña said, on Xuño 3, 2009 at 9:53 pm

    Grazas polo cumprimento! Un pracer falar sempre de Cangas, que estraño demasiado vivindo na Coruña. Unha aperta e noraboa pola web

  2. Zutabe said, on Xuño 5, 2009 at 9:43 pm

    Grazas a ti polo artigo e parabéns, é interesante volve-la vista atrás e poder olla-los feitos con perspectiva. Por suposto, encántanos recibir un comentario teu. Un saúdo e moita sorte!


Deixa un comentario