Massó: “Crónica de una muerte anunciada…”
Neste vídeo recóllense as últimas horas en Massó. Xusto cando onte, 1 de xuño, se cumprían 20 anos da movida cangueira, dous membros do Foro Social e un activista de Galiza non se vende eran arrestados pola Guardia Civil e postos a disposición xudicial. Os detidos saíron hoxe absoltos do xulgado de Cangas ante o apoio dun nutrido grupo de veciños e mariñeiros que portaban pancartas contra Caixanova. A rexidora decidíu fuxir do concello ó enterarse de que membros do Foro Social e máis da Confraría de mariñeiros San Xosé se dirixían ó consistorio para pedirlle explicacións. A solución era ben fácil, segundo un alto cargo da porpia Garda Civíl que anda estes días por Massó, todo pasa porque Clara Millán se digne a dar unha chamadiña a Delfín Fernández (subdelegado do goberno) para que retire ós efectivos de Massó ou asina-la paralización das obras. Onde se viu que a Garda Civíl funcione como garda de seguridade privada? Onde se viu que tal colectivo protexa a ilegalidade? pois en Cangas do Morrazo, onde se non?.
Se na tua vila tranquilo queres estar,a Marina Atlantica de MASSO temos que votar. Adicada para Alcaldesa de CANGAS e o socio SOCIOLISTO.