O BNG, Clara Millán, Caixanova, Massó e outras “intrascendencias”

En Galiza non se vende preguntábanse aí atrás, ¿que é o que lle ofreceu Caixanova ós líderes do BNG?. A pregunta aludía ás seguintes declaracións de Enrique Sotelo (PP) no Faro de Vigo o /06/01/2008 :

O ex alcalde refírese, supoñemos, á nova sobre Enrique Alfonso Bangueses Cobelas. Ó parecer o cuñado de Quin, que traballaba en Caixanova, “apropiouse” indevidamente de 500.000 € de distintas contas pertencentes a galegos da emigración e o feito tardou un ano en destaparse. A cuestión é que “denuncian tamén tráfico de influenzas para dar carpetazo ó asunto a todas luces escandaloso. Dase a circunstancia de que Caixanova asinou varios convenios sociais coa vicepresidencia da Xunta, parcelas do goberno que controla o Bloque Nacionalista Galego“.
Esta información, non sei por que, levoume á seguinte asociación de ideas: Clara Millán é quintanista, grupo que agora lidera Aymerich baixo o nome de Máis BNG e que xunto coa UPG controla o partido. Tampouco é novidade que en política hai que ter sorte e apostar polo cabalo gañador, sobre todo se non tes máis oficio que vivir do partido, cuestión que sempre me pareceu moi perigosa para a integridade ideolóxica. Nese caso non se pode perde-lo posto, porque é o teu substento, non hai nada máis. Tamén chama a atención que precisamente a súa parella, Francisco Xabier Verea Arguibay, fora o delegado de Vicepresidencia en Pontevedra nese período. Non sei, serán casualidades.
En circunstancias normais importaríanos bastante pouco calquera cousa que puidese dicir Sotelo (excepto se nos fose a explicar onde están os cartos dos convenios), pero ben é certo que o cambio de parecer de Clara Millán respecto a Massó é abraiante, aí o noso “amigo” leva razón. Máis quizáis a pregunta non sexa tanto que ofrece Caixanova? se non canto lle debe o BNG? Pois ben, como tódolos anos as caixas de aforros teñen a obriga de publicar os seus informes de goberno corporativo nos que se inclúen as operacións que manteñen cos grupos políticos e resulta que o BNG, un ano máis, é o grupo máis endebedado. Para que non haxa dúbida os grupos que manteñen operacións coa caixa son: BNG, PSOE, PP, Coalición Galega e Progresistas Vigueses.
No exercicio 2008 que é o último publicado, o Bloque Nacionalista Galego ten un saldo vivo (débeda) de 1.560.000€ que traducido son 259.562.160 millóns das antigas pesetas. Durante 2008 asinaron coa entidade un crédito de 400.000 € cuns xuros do 5.10% durante o primeiro trimestre e a prazo dun ano. Outro empréstito, tamén a un ano, de 3.000 € a un 7.45% de xuro. E outro máis, este a 10 anos, de 298.000 € cuns xuros do 6%.
Supoño que non fai falla recordar que a obra está promovida por Residencial Marina Atlántica e Complejo Marina Atlántica, participadas nun 50% por Ubaldino Rodríguez Bello e outro 50% por Caixanova.
Gráfico da evolución da débeda do BNG coas Caixas Galegas[1998-2008]:

Imaxe vía Kiko das Leiras en chuza.
Como dí certo refrán: nunca debes morde-la man de quen che dá de comer…
Estimado Zutabe
coido que non te equivocas nalgún dos argumentos que refires nesta entrada, pero creo que algunha das suposicións é equivocada. Refírome á relación familiar de Quintana cun señor que, efectivamente, sustraiu eses cartos de Caixanova, pero neste caso esa persoa ten unha vinculación co ex vicepresidente da Xunta moi lonxana. É o irmán da primeira muller de Quintana, que por aquel entón non tiña cargo algún na Xunta e, se cadra, no BNG. Máis nada, o resto paréceme todo todo correcto
Ola boas. Perdoa a tardanza que non estaba por aquí.
Polo que leo aí o fraude producíuse en 2007 e eles chegan á Xunta en 2005… Non digo que a min persoalmente me pareza culpa concreta do político en cuestión o de ter un pariente ladrón, incluso empregar certas cousas no ataque político é improdutivo. Pero todos sabemos que calquera trapés se paga caro. A cuestión é, se non ten importancia por que se ocultou entón?
De tódolos xeitos o que me parece grave e ese suposto tráfico de influenzas na área de vicepresidencia, máis se contamos con que Verea era subdelegado de vicepresidencia en Pontevedra. Se a isto lle engadimos o de que ela é a parella deste último (se o tipo fose albanel daríame igual); quintanista ata a médula e que Caixanova ten intereses concretos en Massó…