ZUTABE DE CANGAS: Boletín Interno de Cangas do Morrazo

Quen son os piratas?

Posted in INTERNACIONAL by O Zutabe on Outubro 31, 2009

 

A primeiros de outubro, o pesqueiro Alakrana foi asaltado por supostos piratas somalís fronte ás costas do seu país. De seguido, militares da fragata española Canarias detiveron a dous secuestradores cando trataban de se achegar á costa. O xuíz Garzón pediu á extradición e encarceramento dos piratas en España. A prensa non parou de dar berros contra semellantes criminais que non permiten traballar ós nosos pobres pescadores.

O que todos estes pacíficos-defensores-da-legalidade internacional silencian é que dende hai 18 anos (cando en 1991 os imperialistas esnaquizaron o goberno de Somalia) flotas de barcos procedentes de todo o mundo pescan furtivamente, saqueando as fontes alimentarias do mar deste país, e ademais descargan lixo tóxico nas súas aguas.

Só en 2005 máis de 800 barcos pesqueiros estranxeiros operaban ó mesmo tempo en Somalia aproveitando que o país non é quen de vixiar e controlar as súas propias zonas de pesca. Estímase que cada ano Somalia perde 450 millóns de dólares en peixe e marisco. “Así rouban unha fonte inestimable de proteínas a unha das nacións máis pobres do mundo e arruinan o sustento de vida lexítimo dos pescadores.”

Cando, en 2004, o sounami arrasou as costas, a forza das ondas arrastrou os contedores de lixo tóxico indo parar ás ribeiras de Puntland, ó norte de Somalia. Os envases foron reventados pola forza do mar e o seu contido saiu á luz: lixo radiactivo de uranio maiormente, pero tamén metais pesados como cadmio e mercurio. E lixo industrial, restos hospitalarios, sustancias químicas, etc. Dende que os contedores chegaron ás praias, centos de residentes enfermaron, con hemorraxias abdominais e de boca, infeccións na pel e outras doenzas.

En 1992, os países da UE máis outros 168 asinaron a Convención de Xénova, pola que se prohibe o comercio de lixo perigoso. Pasando por riba desta norma e contando coa complicidade da ONU, ignoran as súplicas somalís e doutros países para deter a devastación continu dos recursos mariños de Somalia e a descarga de lixo tóxico.

Nestas condicións, os pescadores somalís comezaron a usar lanchas rápidas para tratar de dificulta-la pesca e a descarga de tóxicos. Eles mesmo chámanse “Gardacostas Voluntarios de Somalia”. Un dos líderes mariñeiros dixo que debían “rematar coa pesca ilegal e as descargas nas nosas augas… Non somos bandidos do mar. Os bandidos son os que pescan ilegalmente e descargan lixo…”

A resposta da ONU a estas accións de lexítima defensa foi aprobar resolucións agresivas que dan dereito e animan ós transgresores a leva-la guerra contra os pescadores somalís. Así, unidos en santa alianza imperialista, máis de 40 buques de guerra da OTAN, africanos e asiáticos adícanse a perseguir e criminalizar ós pescadores, mentres os gobernos, organizacións internacionais e grandes medios de manipulación informativa tratan de presentárnolos coma piratas e criminais.

E como polo momento os militares non van ir nos mesmos barcos de pesca, os armadores españois de atuneiros contrataron a unha empresa de seguridade propiedade do líder nazi de “España 2000″, José Luís Roberto, tamén abogado e secretario xeral da Asociación Nacional de Empresarios de Locales de Alterne (ANELA). Estes son os herois da loita contra a piratería Somalí.

Mensaxe difundida polo  S.R.I.

PD: Se vos interesou o tema recoméndovos vivamente  este artigo

2 Respostas

Subscribe to comments with RSS.

  1. Anónimo said, on Outubro 31, 2009 at 4:06 pm

    aínda hai máis
    moito do lixo “non desexado” (radiactivo, por exemplo) q

  2. marinela said, on Outubro 31, 2009 at 4:11 pm

    xa hai tempo q sentira falar do tema
    e na peli “camorra”, tamén se trataba

    moi interesante!


Deixa un comentario