ZUTABE DE CANGAS: Boletín Interno de Cangas do Morrazo

Massó paso a paso, quen non se entera é por que non quere

Posted in CANGAS, MASSÓ by O Zutabe on Novembro 16, 2008

MASSÓ: UN EXEMPLO DA LOITA DO POBO CONTRA O CAPITAL

mas

De monstruosidades urbanísticas e ilegalidades temos unha morea de exemplos na costa galega, pero semella o conflito de Cangas un caso particular. Un caso simbólico non só polo que a antiga factoria representa, mais tamén por vir acompañada dunha resposta insólita na súa forza e continuidade: a loita veciñal, seria e firme, que conseguiu botar ó alcalde e para-los planos do PXOM, exemplificando como o pobo pode toma-lo poder real. En que punto se atopa hoxe a resolución do conflito?

(máis…)

Etiquetado con:, , , , , , ,

BNG, PSOE, e a dubidosa UA Nº 5…

Posted in CANGAS by O Zutabe on Xullo 20, 2008

Así é. A controvertida unidade de actuación ó estilo Marbella, foi aprobada este venres na xunta de goberno local grazas á abstención claudicante do BNG, ou con consentimento tácito, máis ben.  ¿Onde se mirou que a alcaldesa e o seu grupo non se molle nunha actuación deste tipo? Incrible!

(máis…)

Etiquetado con:, , , ,

Claréate…, por Dios!!!

Posted in CANGAS by O Zutabe on Setembro 18, 2007

stclara2.jpg

Sta. Clarita Millán

Xa sabemos que pasou case un mes pero a tregua obligounos a pospor o tema, e podemos asegurar que foi un “Vía Crucis” de carallo!!! Pensaba ela que se ía salvar…, tranquila Clara que “Dios aprieta pero no ahoga”…

Logo da incertidume deitada na prensa local, a nosa insigne alcaldesa, desfilou finalmente na procesión do “Santísimo Cristo del Consuelo”.

E é que outra cousa non se podía agardar para non ser obxecto de crítica dos sectores máis beatificos da nosa vila. Aquí o que mola é quedar a ben con tódalas partes.

Que a Massó van catro borrachos a para-las obras…, recordemos que o BNG é un dos colectivos que supostamente apoian ó Foro Social, pois non imos. Que ás procesións vai a vila en masa tal rabaño de ñus cruzando a Sabana africana… pois haberá que estar. E ó pasado esquerdista e laico do partido que lle den polo saco que o único que interesa é gobernar a calquera prezo e do resto xa virá a FPG coas hordas marianistas ou os de ACE a resolve-los conflictos. Total ós reditos electorais, en boa medida, pra quen van? Entón, que traballe Manito…

Iso si, “fifty-fifty”, nin pra ti nin pra min, que á misa Clarita non foi, que digna!!!. Agora, á procesisión onde tódolos veciños permanecían expectantes sería unha tolería e unha hipotética perda de sufraxios non acudir. E amais sen escrúpulo ningún, rodeada das autoridades eclesiásticas máis rancias e dos representantes policiais, caducos, do benemérito corpo que sempre fustigaron á GALIZA que tanto din os bloqueiros que queren.

Ai!, e que ben erguía a queixada Héctor Otero (PSOE), fachendoso, ollando de esguello á multitude… paresía que levaba un pau metido no cú, dende logo que miralo así si que é unha “experiencia religiosa”…

Pero alguén chegou a pensar que habería Clara Millán de pasar polo bochorno, e ser obxecto de crítica como lle acontecera a Euloxio López na época do cuatripartito? E que conste que este, faltara á cita co Cristo do Consuelo por mor dun grave incendio nos nosos montes. Ía a alcaldesa pasar por iso? Pois non, e os principios (de os haber)? Iso son conachadas de catro revolusionarios, folloneros, vaghos e maleantes. Está claro.

E non nos enganemos. O de Clarita non é para nada esporádico. O que fixo non foi outra cousa que recolle-lo testigo de Lois Castrillo en Vigo que gozaba como un anano, cirio en man, na procesión do Cristo da Victoria, de escuro pasado franquista (aí é nada).

Se Clara Millán fose católica o que suporía unha evidentísima enpanada mental, de cotexármolo coa súa suposta ideoloxía, debería ir na procesión gardando a fila e con mantilla se quere, pero a título individual, e non coma representante dos cangueiros… porque entonces ha de ser que aínda non comprendín ben o da aconfesionalidade do Estado Español. O que quero dicir é que dende o día 27 de maio esta muller debe representarnos a todos, musulmáns, ateos, agnósticos, e mesmo cienciólogos se se pon, e non só os católicos por moi maioría que sexan. Amais, isto último habería de comprendelo ela mellor ca ninguen, pois non sei se lembra que non está a gobernar coa maioría, e moito menos cos votos dos “escoltas” que iban flanqueando ó do Consuelo.

E é que Deus é grande e chega a todas partes. Tan grande é que muda as vontades políticas como quen muda de calsonsillo… Eles mirarán. Alea iacta est!

E agora a pregunta é: aceptará a nosa heroína acudir ó xantar coa picoletada o “Día da Hispanidade”???

clareate.jpg

Arriba con ella!!!

Etiquetado con:, ,