Alcohoool…, alcohoool…, alcohoool…!!! (bis)

No tocante ó asunto da lei anti-botellón, sección local, imposta pola alcaldesa, é obvio que é unha estupdez supina. Esta ostia está feita unha prepotente, polo que sabemos tamén, doutras historias. Cando meteu esta lei fixo oídos xordos ás chamadas ó raciocinio por parte doutros concelleiros da esquerda como Manito (M. Abalo). Temos que dicir que considerámo-la medida inapropiada e anti-popular, sobre todo, por como repercute a unha economía familiar como a que sustenta o único 24 horas que hai na vila. Amais, porque nos consta que neste punto de venda se seguen escrupulosamente as normas de pedi-la identificación ós mozos sospeitosos de seren menores de idade. Conste que non nos referimos á de Puri que, mal que ben, pode subsistir sobradamente grazas ó bar e á tenda.
A medida semella non ter moito sentido como actuación fronte ó alcoholismo xuvenil se temos en conta que os menores ou calquera mozo poden realiza-las súas compras perfectamente en calquera supermercado pola tarde, por exemplo, e aforrando máis inclusive. E que pasa cos locais? O alcohol é menos dañino nas discotecas? Agora resulta que o gharrafón é máis saudable cós potitos Nutribén?Todos sabémo-la resposta e quen sae beneficiado de todo isto. Por iso non extraña que a medida fose ben acollida pola Asociación de Empresarios de Salas de Festas da Provincia de Pontevedra.
Agora ben, non é moi correcto como aparecen estes lugares de botellón ás mañás por culpa de moitos malotes españoleiros estilo LPVs, como adoitan dicir polos foros de internet locais. Tampouco é lexítimo que esa parte da mocidade, que poderiamos calificar de puto lastre, deteriore o inmobiliario público porque si, por causa dunha bebedela, dunha rula ou dunha raia mal metida. Polo carallo se lles dá por deteriorar un caixeiro ou unha sucursal de Caixanova que atenta contra uns intereses vitais para a xuventude.
Neste sentido, a mocidade debería ter sensibilidade tamén, por poñer un exemplo, con temas que lle atinxen, como o futuro desta vila se Caixanova e compañía dan feito o proxecto de Foster en Massó, que a bo seguro repercutiría negativamente no futuro dos mozos cangueiros. Iso si que require movilización.
Por certo, recordarlle ós mozos que o día 20 hai unha convocatoria diante do Concello polo asasinato do mozo anti-fascista asasiando en España por uns neonazis.

MENOS BOTELLÓN
MÁIS REVOLUCIÓN