ZUTABE DE CANGAS: Boletín Interno de Cangas do Morrazo

Documentais para tardes (útiles) de inverno

Posted in GALICIA by O Zutabe on Decembro 30, 2008

É de todos sabido que nestes tempos de Nadal quen ten vacacións anda ocioso. Para facer algo  entretido, que xa de paso che serva pra coñecer máis da terra, deixámosvos aquí unha serie de documentais galegos (algúns os podedes ver íntegros, outros son resumos) que non debemos deixar pasar. Hai de todo un pouco, uns  moi coñecidos, outros pola contra, non son fáciles de atopar, pero pra iso están as bibliotecas e se non os teñen  pídese que os adquiran. Conste que  os hai que  non vimos, mais pintan ben.  Aí vos van:

(máis…)

Etiquetado con:

A xanela rota/ Hautsitako Leihoa

Posted in INTERNACIONAL by O Zutabe on Novembro 30, 2008

A través das historias de varios mozos detidos por «kale borroka» e as palabras pronunciadas polo entón xuíz da Audiencia Provincial de Madrid, Joaquín Navarro Esteban, adentrámanos na terrible e silenciada realidade de Euskal Herria. Este é un documental da Escola de Cine de Catalunya (ECAC) dirixido por Eñaut Tolosa e Hammudi Al-Rahmoun.

Visto en Un hombre del partido
Etiquetado con:

Galicia enteira…

Posted in GALICIA by O Zutabe on Setembro 19, 2007

Fronteiras” é un proxecto documental sobre as lindes xeográficas e culturais da Galicia, centrado en como as perciben os propios habitantes destas zonas. Un percorrido polo Eo-Navia, O Bierzo, As Portelas e outros enclaves de semellantes caraterísticas. “Fronteiras” quere poñer de relieve o feito de que as fronteiras culturais da Galicia non coinciden coas fronteiras político-administrativas do Estado. Pero sobre todo quere amosá-lo xeito totalmente desdramatizado co que os habitantes destas zonas abordan os seus conflitos identitarios e territoriais, moi lonxano do ton crispado co que estes temas se acostuman a tratar no descurso político e xornalístico.

A FALA DAS ELLAS:

O recanto noroccidental da actual provincia de Cáceres (Estremadura-España), nas estribacións da Serra de Gata, sitúanse tres concellos nos que aínda hoxe se falan maioritariamente tres variedades do antigo galego(-portugués). Nos concellos de Valverde do Fresno -antigamente Valverde da Serra-, As Ellas e San Martiño de Trebello a práctica totalidade dos seus cinco mil habitantes empregan a cotío as variedades lingüísticas denominadas valverdeiro, lagarteiro e mañego. Cunha extensión territorial conxunta de 256 km, cunca natural perfectamente delimitada e afastada dos territorios de fala castelá por dificultades orográficas, forman un val que se ten chamado de Xálima, do Río Ellas ou na fala dos seus habitantes sinxelamente “Os tres lugaris“.

Etiquetado con:,