ZUTABE DE CANGAS: Boletín Interno de Cangas do Morrazo

En dúas palabras: “im-prezionante”

Posted in CANGAS, INTERNACIONAL by O Zutabe on Xullo 30, 2007

Aproximadamente entre o minuto 5:30 e o 8:00 (é por aforrárvo-lo trauma), podedes comproba-lo cinismo dos Populares. Carallo, como cambia o conto segundo conveña…!

Video do mitin central do PP de Cangas

637236858_c323edd915_m.jpg

Etiquetado con:, ,

SEGUIDISMO REPULSIVO

Posted in INTERNACIONAL by O Zutabe on Maio 22, 2007

110963883_625e806466.jpg

Antes de comezar co decorrer das palabras convén, para amosar o contido deste artigo e para que non haxa dúbida do meu posicionamento, manifestar claramente a miña máis contundente condena e rexeitamento polos atentados de Madrid do 11-M que conlevaron unha masacre inxusta para o pobo traballador español e polo tanto para o internacionalismo proletario que predicamos moitos, dende o pobo galego. E quixera que non houbese ningún xénero de dúbida o dicir que este atentado sería igualmente condenado e rexeitado se o promotor da masacre fose calquera outro grupo armado.

Deixándomos a parte a traxedia, é mester, cando menos, opinar (coma estudante) sobre o decorrer político daqueles días que entrañaron unha convulsión histórica sen precedentes no Estado Español, e o pé dunhas elección xerais.

Do primeiro que habería que dar conta é da política de seguidismo á que concorreron a meirande parte dos partidos políticos do Estado ó iren sabendo da nova aquel xoves á mañá. Debeu ser pola proximidade dos comicios (14-M) que as diferentes agrupacións estatais e nacionais non dubidaron en facerse eco das declaracións do goberno do PP. Sinalándose, así, a ETA como realizadora da masacre de Madrid. Bulir, si que buliron todos para xustificárense. Aí ficaron ás declaracións do PP e do equipo de goberno nas que non paga a pena nin afondar, posto que as coñecemos ben. Tamén resultaron deplorables os comentarios do PNV, xa o mesmo xoves ás nove da mañá, culpabilizando ós activistas bascos. Aí quedaron, tamén, as palabras inertes do PSOE, que foron dabondo para cumprir co protocolo da social-democracia e co xacobinismo que rexía a situación. Llamazares non ía quedar fóra do circuito do patetismo e do teatro de carautas. O BNG, porsuposto, na mesma líña e así lle foi con ese discurso tremendamente baleiro que pretende que soe a autogoberno, dito coa boca pequena, non vaia ser… Ata o propio Carod Rovira non o dubidou. Con todo,penso que practicou o discurso máis congruente ó ser o único que introduciu a necesidade de abrir, dende o goberno estatal a posibilidade das negociacións con banda armada. Aínda así, tamén se equibocou pero non na mesma medida que o resto das agrupacións. Polo que ERC mereceu máis creto ca moitos outros partidos, non entrando a valorar que a súa sexa unha esquerda máis ou menos avanzada. Mais debe ser o suficiente avanzada para que o BNG decidise acudir ás eleccións europeas en coalición con CIU e PNV, cos que debe ter máis que ver. Todos eles acudiron, en maior ou menor medida, a esa lamentable carreira por salvagarda-la súa imaxe política diante dos comicios do 14-M.

Parecéronme preocupantes as declaracións do ex-ministro Acebes acusando a Otegui e á esquerda abertzale de “intoxicar”, cando ben se demostrou, despois, que foi o goberno do PP quen manipulou, ata a saciedade, e agachou información ata onde lle foi posible.

Desa parafernalia participaron, como xa dixen, a meirande parte das corporacións políticas do Estado. Non fose ser que os culpasen a eles, tamén, por mantérense en posicións ambiguas e co que iso conlevaría a un par de días das eleccións.

Por outra banda, habería que ir falando do intento de sacar rendibilidade política ós momentos de dor que se viviron tralo 11-M. E aí estiveron o venres 12, as mobilizacións ben movidas polo PP e por quen lle quixo axudar facendo acto de presenza ou pechando empresas para obrigar a todo o mundo a acudir. Que a cidadanía manifeste a súa dor, paréceme do máis loable, pero non cos que provocaron a desafortunada situación. E non figurando nas pancartas lemas como CON LA CONSTITUCIÓN. Como se discrepar co texto en cuestión situase a un no mesmo estatus que os das mochilas. Pois parece ser que si. Por iso moitos optamos por manifesta-la dor e a repulsa doutro xeitoque non fose ouveando entre miles de bandeiras de España e sen estar ó carón ou mesmo da man (como algúns) dos que nos meteran nesa situación enviando tropas a Irak.

ai-galicia.jpg

E nas manifestacións do vernes 12 menos mal que se amosou certa dignidade polo Estado adiante. Os bascos, por exemplo, concorreron noutra manifestación paralela á do PP e con outros lemas nas pancartas. Exemplificante foi o recibimento que se lle deu a Piqué na mobilización de Barcelona, ou os berros con senrreira que tiveron que padece-los membros do goberno do PP en Madrid. En Galicia… ai en Galicia!, coma sempre sitio distinto: Quintana, practicamente do ganchete de Fraga e portando a ditosa pancarta co noxento lema que vindicaba a Constitución. Debido a esa desproporción entre a submisión e a verdadeira preocupación polos feitos, algúns decidimos non ir cos asasinos do pobo irakí e que agora piden unión diante do terrorismo. O PP mexou contra o vento e salpicounos a todos desviando a atención cara as televisións públicas e privadas que emitían a todas horas o dogma de fe máis estendido na época Aznar: discrepancia = terrorismo.

Ó fío disto último, non quería remata-lo texto sen pór en cuestión, cando menos, as diferentes varas de medir por parte das institucións e por boa parte da sociedade con respecto a uns mortos e a outros. Cando comezou a guerra, sabendo que habería miles de mortos (e tan inocentes, tan traballadores,… como os de Madrid) non se decretou ningún parón dende as institucións gobernamentais. O que lóxicamente era de esperar posto que foran eles quenes nos meteran nunha guerra inxusta que só podía provocar unha resposta inxusta pero coherente para o mundo árabe: “os nosos civiles inocentes polos vosos”.

E cando falamos de institucións como a Universidade de Vigo a cousa dá moito noxo. Neste Campus non se dubidou en botarnos das clases e mesmo en pecha-las portas con chave como na facultade de Humanidades. E volvemos o tema de antes, manifesta-la dor polas vítimas inocentes está correctísimo. O que non o é e non organizar nada cando morreron máis de 15.000 irakis sabendo que o noso goberno participou no xenocidio con tropas pagadas por todos nós.

O que tampouco é de recibo e que o Reitor e con Corina Porro de corpo presente, torture e manipule cun responsor de vindicación da Constitución e dunha trapallada chamada Estado de Dereito. E se facer loubanza do marco constitucional, que defenden a ultranza os españoleiros, non é facer campaña, tamén, a conta dos mortos e a dous días das eleccións… ¿¡ entón que raio é ¡?. Por iso a lgúns optamos por non acudir á praza de Enric Miralles e os que foron respetados foron e respetados serán. Espero que a nós tamén.

Etiquetado con: