Video da entrevista a Mariano Abalo e ó Foro Social en Vieiros
Este é o mapa da desfeita realizado por Galiza Non Se Vende
Foro Social, resiste!

Non é ningunha novidade que, malia o cambio de goberno en Cangas, o proxecto de Foster para Massó promovido polo PP no vello PXOM segue aínda latente. Os valados da obra seguen en terreo público e hai tanto presenza de obreiros como de gardas xurado ou maquinaria. Polo que os veciños seguen obrigados a estar vixiantes.
Unha persoa normal, e por tanto, contraria á barbarie urbanística, á esquilmación dos recursos e á degradación do medio pódese estar a preguntar se a viraxe de goberno tralos comicios municipais supón maior facilidade á hora de paraliza-lo proxecto, anula-los convenios e demais. Evidentemente, como todos sabemos, a resposta é afirmativa.
Agora ben, que acontece se dende o propio tripartito se poñen trabas a esta labor encomiable? Lembremos que este punto foi un dos piares do acordo de goberno ó que ACE, de ningunha das maneiras, renunciará. Porque? Porque a coalición de esquerdas desta vila débese ó pobo. Única e soamente ó pobo. E ten que resultar estimulante, ter socios de goberno de manifestas actitudes anti-populares como ter de fronte á dereita que rexentou o peor goberno que tivo Cangas na súa historia. Do mesmo xeito que fodida é, tamén, a presión que exerce a mafia financieira de Caixanova a través do control mediático levado a cabo con xornais á orde do capital e confeccionados por enxendros “juancalvistas”. Peóns de paupérrima clase profesional e de verba rídicula ós que algún día adicaremos un artigo para anlizármo-la súa función de “bufóns de El-Rei” con ese xeito chabacano de imitaren a columnistas metropolitanos como poden ser os do ABC.
Tampouco resulta novidoso que nin BNG nin PSOE se opoñan ó proxecto do afamado arquitecto inglés nin ó seu porto deportivo. Nunca esquecer: punta de lanza de toda a enxurrada edificativa do convenio de Massó. E non resulta novidoso porque, básicamente, o teñen vertido en prensa nalgunhas das súas declaracións, mesmo, nada máis transcurrida-las eleccións. Sobre todo, ó Bloque parece non importarlle dabondo que unha parte importante dos seus votos fosen obtidos porque hai quen os considera, de boa fe, parte activa na defensa dos intereses públicos do Salgueirón. Para eles non supuxo problema ningún o se opor a elección de Eduardo Canabal para o posto de asesor urbanístico para o Concello de Cangas. Así, a directiva provincial do PSOE non dubidou en poñerse en pé de guerra e ameazou vilmente con rachar o tripartito se Canabal chegase a ocupa-lo posto. Xa que o “pseudo-progresismo burgués”prefiría, se cadra, que volvese ocupar o señor Marnotes, unha das malas bestas do vello Plan Xeral. E isto non o dicimos de xeito gratuíto dado que hai constancia de formacións de gobernos paralelos, xuntanzas da alcaldía cun dos “pais da criatura” como o que acabamos de nomear.
Alén de todo isto, resulta altamente desprezable que, lonxe dunha colaboración estreita con tódalas concellerías, se boicotee e se marxine a labor de eidos tan importantes como o urbanismo coa intención de levar a cabo vellos proxectos rexeitados polo pobo na rúa e nas urnas e coa teima de desprestixiar ós poucos políticos consecuentes e non “pinchados” que quedan. Non miramos ético que dende a alcaldía, seguindo a política clientelar de Quintana, se lle peche o suministro de subencións da Xunta en materia urbanística á concellería correspondente no noso Concello. Do mesmo xeito, tampouco parece normal que, dende o máximo órgano de goberno do Concello, se lle impida á Urbanismo a convocatoria inmediata do Consello Sectorial de Urbanismo para que os veciños e todo o tecido social e asociativo estén informados na materia e para que poidan consensuar o Plan Xeral que é tan necesario para Cangas. Así e todo, coidamos que o concelleiro de Urbanismo ten para dar e recibir e para nada están a conseguir desgastalo que parece ser o que pretenden. Témemonos que non chegará o día en que este home se queime, non sendo que el se incline pola incineración logo do seu pasamento.

Alén da borralla institucional coa que teñen que lida-los compoñentes da Alternativa, o Foro Social segue a traballar e a resistir cando se acaban de cumprir dous anos do comezo da paralización veciñal e forzosa das obras do devandito porto deportivo. É mester preguntármonos qué sería Cangas se en outubro do 2005 non se iniciase a obstaculización veciñal do controvertido proxecto. Esa é a realidade: 24 meses despois, séguese a poder faenar no Salgueirón e, xa en terra, os veciños témo-la ocasión de poder dicidir qué facer cos terreos de Massó sen depender de intereses espúreos. A porta esta aínda aberta. Nembargantes, a loita continúa…