ZUTABE DE CANGAS: Boletín Interno de Cangas do Morrazo

A GARDA CIVÍL, o corpo do delito.

Posted in GARDA CIVIL by O Zutabe on Xuño 23, 2007

ODIO POLA GARDA CIVIL

Así titulou o grupo basco Piperrak un dos seus temas. E en xeral non nos deben estrañar estas enunciacións así como noutrora foran “Guardia Civil, garrote vil”, por poñer un exemplo. A cuestión é que a historia da benemérita dende que xurdiu no XIX está chea de escurantismo, asasinatos, malleiras, torturas, guerra sucia, narcotráfico,…

guardia_civil6.jpg

Non quero deixar de lado, tampouco, que eles son, xunto con outro tipo de borralla, as forzas de ocupación no país. Polo tanto sónchevos o inimigo. Pero neste artigo imos esquecer por unha vez os aspectos máis políticos e ímonos centrar, mormente, no modus operandi desta policía asoballadora. Ten que quedar claro que ó marxe de calquera ideoloxía a policía ten que estar para servir ó pobo, non para reprimilo como demostraron historicamente os picolos. E que ninguén se engane; o que pense que os gardas civís de agora están para gaña-lo soldo e máis nada estarase a enganar a si mesmo e a facilita-la tarefa do Estado Imperialista Español. Este corpo de policía que se chama civil pero despois resulta que é militar, segue a ser máis ca en esencia, os mesmiños que liquidaron ós seus compañeiros de traballo que apoiaron á II República durante o levantamento de Franco. Verbo disto, un axente que opera en Cangas chegou a sentenciar abertamente: “No… es que a esos los tuvimos que matar porque estaban del otro bando…”.

A historia do Estado Español dende que se creou o benemérito corpo amosa as atrocidades e os coqueteos co crime que non fan outra cousa que pó-la cidadanía na súa contra. Vale, sempre hai lambecús, pero, mormente, eses individuos sempre gañaron a xenreira dos desfavorecidos, e a Garda Civil como institución é vista como un ente retrógrado que furrula con cans de man levantadeira.

Gustaríame citar un par de episodios acontecidos no país que amosan que o de Roquetas del Mar non foi casualidade. Para que imos falar dos GAL, Galindo e outros casos archicoñecidos?. Centrémonos pois, nas anédotas cotiás que son as que a xente de a pé vive e das que non poden sufrir ningunha información peneirada e/ou manipulada.

Ben, o primeiro caso que vos comentarei ten un morto e aconteceu en Moaña na década de 1980. A vítima seica foi un veciño que pretendía roubar un coche. Foi interceptado pola Garda Civil no momento do roubo e despois abatido a tiros. Con motivo desta morte houbera unha gran manifestación na vila. Descoñezo, agora mesmo, se se abrira unha investigación ó respeto.

Tamén recordo hai dous ou tres anos as agresións recibidas por un rapaz que estudaba no instituto María Soliño de Cangas. O rapaz saíra no recreo a dar unha volta na moto cando foi sorprendido por unha patrulla ó non leva-lo casco. O rapaz intentou fuxir, máis sacárono da estrada arremetendo contra a moto co mesmo coche patrulla. A continuación procederon a agradilo e a humillalo. Cando chegou a clase os docentes non daban creto a que uns axentes mallaran no rapaz, a que lle desen unha patada nas partes, a que o empurrasen contra un muro e a que lle deixasen a cara encarnada coma un tomate. O pai do neno denunciou e esta denuncia foi levada como proba a un pleno do Concello de Cangas onde a FPG pedía que se tomasen medidas de envergadura, dado que as agresións á mocidade eran continuas. A maioría absoluta do PP impediu calquera medida contra o corpo que representan estes axentes, e limitáronse a dicir que o único que se pretendía con esta moción era sacar réditos eletorais perante as municipais do 2003. Ducías de mozos puideron corroborar nas rúas que a represión policial nas rúas era escandalosa. Así e todo, a repercusión mediática da moción e unha enxeñosa campaña levada adiante pola Frente puxo á Garda Civil ó rego.

Este verán, cos incendios, tamén deu para moito. O Faro de Vigo do venres 26 de agosto publicou a nova de que se denunciara á Garda Civil por agresións durante a extinción dun incendio. Un veciño das Neves sufrira agresións e ameazas durante a detención, tras increpar a uns axentes por non colaborar na extinción dun lume. Segundo declarou o denunciante, unha patrulla da Garda Civil atopábase observando as labores que se realizaban xunto con efectivos de Medio Ambiente. O denunciante insinoulles que podían axudar a extingui-lo incendio dicindo que se acabaría antes co lume “se todos o que miran colabaran”. De súpeto, un dos axentes pediulle a identificación ó que o denunciante contestou “primeiro apago o lume e despois identifícome”. Polo que o veciño se negou e seguiu apagando o lume. Os axentes chamaron a máis reforzos botándoselles todos enriba, axeonllándose sobre as súas costas e tratando de deixalo sen respiración apertándolle a gorxa. Con todo, os veciños, non estando dacordo coa detención, abalanzáronse sobre os coches patrulla. No cuartel o home foi guindado pola escaleiras por un dos superiores. O caso deste home, de mediana idade, está no xulgado.

Poderían ser máis o exemplos que se citasen aquí pero todos terían a violencia como protagonista. Fálovos da violencia inxustificada contra os febles. A sociedade galega que disque é tan galega para propiciar un cambio, segundo os políticos das altas esferas, ten que sopesar se lle convén ter unha policía estilo Roquetas no país. Temos que valorar se queremos que se torture sistematicamente ó persoal nun futuro como acontece no norte do Estado. E por se fose pouco, agora véñennos dicindo que sería bo que os gardas civís sen choio do rural puidesen pasar a formar parte da Policía Autonómica para evitar seren destinados a outros territorios do Estado.

Para ir rematando destacaría a cobardía e o carácter mixerento destes inútiles que patrullan fachendosos e relambidos polas nosas rúas. Houbera en Cangas, hai uns anos, un conflito veciñal no que se agredira gravemente a un ou varios veciños. A madureza do pobo (non da que lles gusta a algúns) fixo que os veciños se situasen diante da casa cuartel. Cando estaban dispostos a irrumpir no inmoble e facer xustiza coa única linguaxe que entenden eses papacodias…, tal foi a sorpresa cando os axentes e as lerchas das súas mulleres deixaron saír ós seus meniños para causar pena e librárense así de seren agredidos. Aquilo foi lamentable. Evidentemente os veciños marcharon. Porque claro, esa é outra cousa. Porque teñen que vivir coas familias? Acaso queren gaña-la compaixón se sofren unha inxurrección popular ou un atentado? Porque fan, a miúdo, os cuarteis dos institutos coma en Cangas?.

Por certo, e sacando a vea racista que eu teño contra eles, notei que estes individuos reprodúcense coma vermes. Están os cuarteis cheos de rapaces coma se fosen garderías. Vermes, que máis cedo ca tarde, haberá que poñer no seu sitio como ós seus pais.

Algún día adicaremos algún tempiño a falar, tamén, da Policía Nacional, que esa si que foi creada por Franco aínda que co nome de Policía Armada. Lembremos que foran douscentos deses mercenarios os que lle deran morte a Moncho Reboiras hai trinta anos. Haise que coidar e darlles candela a todos estes parásitos que puideron ser creados para moitas cousas, menos para servir ó pobo. Diso decátase alguén tan visceral como o que redacta este escrito ou alguén como eses papiolos adolescentes que paran no Burguer King de Urzáiz logo de saíren do centro de estudo privado.

Para rematar deixovos cun conto que ó mellor xa oistes:

Un ovni aterra no noso planeta e del saen dous alieníxenas.Un deles atopa un tricornio da Garda Civil e pono na cabeza.

- “Para que servirá isto?”

- “Para que serve non sei, pero teño unhas ghanas de darche unhas ostias…”

Etiquetado con: