Galicia enteira…
“Fronteiras” é un proxecto documental sobre as lindes xeográficas e culturais da Galicia, centrado en como as perciben os propios habitantes destas zonas. Un percorrido polo Eo-Navia, O Bierzo, As Portelas e outros enclaves de semellantes caraterísticas. “Fronteiras” quere poñer de relieve o feito de que as fronteiras culturais da Galicia non coinciden coas fronteiras político-administrativas do Estado. Pero sobre todo quere amosá-lo xeito totalmente desdramatizado co que os habitantes destas zonas abordan os seus conflitos identitarios e territoriais, moi lonxano do ton crispado co que estes temas se acostuman a tratar no descurso político e xornalístico.
A FALA DAS ELLAS:
O recanto noroccidental da actual provincia de Cáceres (Estremadura-España), nas estribacións da Serra de Gata, sitúanse tres concellos nos que aínda hoxe se falan maioritariamente tres variedades do antigo galego(-portugués). Nos concellos de Valverde do Fresno -antigamente Valverde da Serra-, As Ellas e San Martiño de Trebello a práctica totalidade dos seus cinco mil habitantes empregan a cotío as variedades lingüísticas denominadas valverdeiro, lagarteiro e mañego. Cunha extensión territorial conxunta de 256 km, cunca natural perfectamente delimitada e afastada dos territorios de fala castelá por dificultades orográficas, forman un val que se ten chamado de Xálima, do Río Ellas ou na fala dos seus habitantes sinxelamente “Os tres lugaris“.