ZUTABE DE CANGAS: Boletín Interno de Cangas do Morrazo

Massó paso a paso, quen non se entera é por que non quere

Posted in CANGAS, MASSÓ by O Zutabe on Novembro 16, 2008

MASSÓ: UN EXEMPLO DA LOITA DO POBO CONTRA O CAPITAL

mas

De monstruosidades urbanísticas e ilegalidades temos unha morea de exemplos na costa galega, pero semella o conflito de Cangas un caso particular. Un caso simbólico non só polo que a antiga factoria representa, mais tamén por vir acompañada dunha resposta insólita na súa forza e continuidade: a loita veciñal, seria e firme, que conseguiu botar ó alcalde e para-los planos do PXOM, exemplificando como o pobo pode toma-lo poder real. En que punto se atopa hoxe a resolución do conflito?

(máis…)

Etiquetado con:, , , , , , ,

O ex-alcalde pode pasar de mandonguear en Cangas a ghobernar ás ratas do calaboso…

Posted in CANGAS by O Zutabe on Novembro 3, 2007

A seguir, achegamos un video que topamos no que se vincula, unha vez máis, a Sotelo e ó PP de Cangas no escándalo do caso Hixienes que estourou en Madrid. Caso polo que declarará no xulgado coma imputado. A mirar con que “jeta” este home pode acusar a ninguén de facer nada. Ai Sotelito… quen che mandaría meterte nesta aventura dos parquímetros…???. Esperemos que pague coma os pobres das multas, que con estes asuntos que chegan tan alto nunca se sabe…

Etiquetado con:,

Hay una carta para ti…!!!

Posted in GALICIA, INTERNACIONAL by O Zutabe on Agosto 7, 2007

hay-una-carta-para-ti.jpg

O fiscal xefe da Audiencia de Pontevedra, César del Pozo, vai investiga-la espiñosa confección das listas do PP basco, tralas denuncias de catro traballadores do Concello do Grove que foron remitidas á Axencia Española de Protección de Datos. A estas alturas son nove cidadáns do Grove e dous da Illa de Arousa os afectados.

Unha das denunciantes, funcionaria do Concello do Grove, de 25 anos, adscrita ós servizos de Protección Civil, recibiu a finais de xuño unha carta datada en Donosti o día 21 e asinada pola presidenta do PP basco María San Gil, na que expresaba o seu agradecemento por terse ofrecido como candidata. “Como non sabía de que se trataba, por que eu non estiven afiliada a ningún partido, é máis, son apolítica, chamei ó teléfono que aparecía na carta”. Na sede donostiarra localizaron os seus datos e explicáronlle que se trataba dun erro, “aseguráronme que non fora incluída en ningunha candidatura por que sobraban moitos voluntarios, pero que inmediatamente retiraban o meu nome dos ficheiros do partido”.

Ós poucos días, Miguel Ángel Pérez, presidente da executiva local do PP e ex-alcalde do Grove, entrevistouse con ela. “Pediume desculpas e asegurou que non sabía como ocurrira iso”.

O propio PP do País Basco explicou que participar na confección das súas listas esixe a presentación da copia do DNI e unha autorización asinada polo interesado. Por esta razón, os denunciantes sinalan que estes datos posiblemente se obtiveron mediante a relación laboral que manteñen ou mantiveron no Concello do Grove cando o PP aínda gobernaba.

Das tres reclamacións presentadas en Cambados, dúas corresponden a cidadáns que foron incluídos en listas conservadoras de Erandio e Orozco, englobadas nos distritos electorais viscaínos de Bilbo e Durango. No tocante á moza grovense, que finalmente non foi incluída, demóstrase que os seus datos foron ofrecidos polos populares á organización do PP Basco. Pero o PP de Viscaia seica xa os destruiu.

A xuíza imputou ó ex-alcalde do Grove, Miguel Ángel Pérez, pero non se descartan máis implicacións de tipo político (dirixentes populares) e, incluso, institucional (persoal do Concello).

O recurso que se establecerá pola vía penal e civil ofrece a posibilidade de que os afectados perciban indemnizacións a raíz dos danos e perxuízos ocasionados.

Louzán, recordou que tanto o ex-alcalde como responsables do partido amosáronse dispostos a “aportar toda a información” da que dispoñan. “Somos os primeiros interesados en que isto se clarexe” e e descartan que a investigación desvele implicacións fóra do Grove.

Etiquetado con:,

En dúas palabras: “im-prezionante”

Posted in CANGAS, INTERNACIONAL by O Zutabe on Xullo 30, 2007

Aproximadamente entre o minuto 5:30 e o 8:00 (é por aforrárvo-lo trauma), podedes comproba-lo cinismo dos Populares. Carallo, como cambia o conto segundo conveña…!

Video do mitin central do PP de Cangas

637236858_c323edd915_m.jpg

Etiquetado con:, ,