Protección Civil, garrote vil!
O momento convulso que vivimos co gallo dos inicios do retome das obras do porto deportivo e as tensións dentro do tripartito que a prensa local non para de enfatizar tendenciosamente e manipular con fotos pretendidamente “in fargantti”, non nos permite discernir outros episodios afortunados e outros un tanto paveros que acontecen na nosa política local. Para o primeiro dedicarémonos a eito no seguinte artigo. Prometido. Hai moito que clarexar para que non sufran máis mentes enmarañadas e solapadas polas mensaxes juancalvistas absorvidas, soto vocce, a través de canles, xa non só pepeiras, senón que agora tamén bloqueiras. Tampouco hai moito de que se estrañar, esta xente… xa se sabe.
Pero agora mesmo, xa dicimos, a outra cousa…”maripousa”.

O noso David Hasselhoff particular apatrullando las bateas
Miramos con bos ollos o desmantelamento da Protección Civil. A verdade é que é este un reagrupamento de uniformados pertencentes a un ente superior que está en Madrid e polo tanto non moi doado de controlar. A concelleira de Réxime Interno está a facer unha boa depuración para erradica-lo enchufismo e os contratos en precario que agromaron como moscas na merda, na lexislatura anterior. A problemática cos paramilitares estes era esa, que constituían un corpo de “seguridade” que ía un pouco descoordinado coas necesidades do Concello. Agora, o que se pretende é crear un colectivo novo e de carácter municipal e que estea perfectamente sincronizado coa Policía Local. Estes últimos, aproveitamos para dicir que tamén traen cola, anda que quereren pipas e pistolas eléctricas… E a concelleira do PSOE que lles outorga estas indispensables ferramentas de traballo tan ancha e tan pancha, vamos. Por certo, todos poidemos ver na prensa como os membros de Protección Civil asistían impertérritos ás ridículas probas, ó tempo que macabras, das devanditas armas que se fixeron no Concello. Babexantes, ollos coma pratos, máis dun dos de naranxa devecía por un deses instrumentos que xa sabemos que teñen causado a morte a máis dun detido por aí adiante. Senembargo, que raro, que contraste…, pasamos do cheo absoluto e ata vloluntario do día en que se probaron as “armas de destrusión masiva esas”, a un baleiro bochornoso, no día no que se formaban e estes corpos de “elite”, sobre como tratar e axudar as mulleres que sofren maltrato, cando van denunciar estes abusos. Para máis señas, este último era un cursillo a nivel comarcal, e só había seis ou sete persoas, xa botando polo alto. E non o inventamos nós, que están aí as fotos que o demostran, nesa prensa local que se fai eco do que lle cadra…
Pero acabaron as frikalladas e o xogar a picoleto; aínda que ben é certo que algúns deles ficharan no novo corpo pero baixo outros mandos, noutros departamentos menos parasitarios. O modelo de traballo para o que foron concebidos será retomado baixo dominio municipal e será subvencionado con fondos propios do Concello ou doutras administracións. Así que as emerxencias e os casos de intervención serán cubertos polo novo grupo de apoio. Misión cumprida, agora só queda cantarlles aquilo de “Adiós con el corasón… porque con el alma no puedo…” e ós amantes das emocións trepidantes lembralles que na Policía Nacional, Garda Civil e Exército Español hai un mundo apaixoante que paga a pena descubrir. Boa sorte!
deixa un comentario